Burela súmase á lista de concellos sen débeda viva

O superávit municipal é de 700.000 euros e o remanente supera o millón, segundo o alcalde

O alcalde de Burela, Alfredo Llano. AXM

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, resaltou que o Concello ten unha “débeda viva de cero euros”. O rexedor sinala que “isto quere dicir que non temos préstamos nin débedas con entidades bancarias” e presume da “boa situación económica” do municipio.

O rexedor destacou que “os últimos datos, do 2017, recollen un superávit de 700.000 euros e un remanente de máis dun millón de euros“. Llano asegura que estas cifras demostran “que estamos traballando ben”.

“QUEREMOS INVESTIR”

O alcalde burelés apunta que “gustaríanos, e xa o reclamamos a través da Federación Galega de Municipios (Fegamp) e da Federación Española de Municipios (FEMP), que existan posibilidades de investimentos para mellorar os servizos sociais, as infraestruturas, e aquilo que sexa bo e que repercuta nos veciños de Burela”.

O rexedor manifestou que a saúde económica do municipio “é unha satisfacción, pero temos uns cartos que queremos investir, e polo tanto insistiremos a través da FEMP e da FEGAMP, para que se chegue a un acordo e poder gastar esas partidas da mellor maneira posible, sempre pensando no beneficio común de todos os veciños”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here