InicioPolíticaUnanimidade para aprobar o regulamento da residencia de Ribadeo

Unanimidade para aprobar o regulamento da residencia de Ribadeo

O rexime xurídico establece a prioridade dos ribadenses no acceso ás prazas, cofinanciadas pola Deputación e o Concello

Publicada o

- Advertisement -

O pleno municipal de Ribadeo aprobou por unanimidade a regulación do réxime xurídico do novo centro de maiores.  Todos os grupos políticos votaron a favor dos regulamentos de acceso e réxime interno da residencia e mais da ordenanza do prezo público pola estancia,  que agora se exporán ao público durante un mes para a presentación de posibles alegacións.

Fernando Suárez Barcia subliñou que se “está encarreirando todo para abrir canto antes a prezos asumibles e cunhas garantías e calidades de funcionamento envexables”. O alcalde aludiu ao “traballo coordinado coa Deputación de Lugo” para poñer en marcha o centro que contará con 47 prazas.

COFINANCIAMENTO

Os residentes no municipio terán prioridade no acceso á residencia, que acollerá tamén veciños da Mariña e do resto da provincia por orde de proximidade. Os usuarios asumirán unha parte do prezo das prazas –dacordo coa súa renda, e tendo sempre garantida a reserva dun mínimo vital-, e a diferenza entre esa cantidade e o custo real do servizo correrá a cargo da Deputación e do Concello.

Os ribadenses terán prioridade e A Deputación e o concello cofinanciarán as prazas

A entidade provincial achegará o 75% desa diferenza –ata un máximo de 600 euros-  e o outro 25% sairá das arcas municipais. O mesmo réxime de cofinanciamento co que contarán as residencias dos concellos que se sumaron ao convenio deseñado pola Deputación para seguir adiante coa apertura das residencias provincias despois de retirarlle a súa xestión á Sociedad Urbanística Provincial de Lugo, S. A. (Suplusa), entre eles o de Trabada.

A OPOSICIÓN, A FAVOR

Os grupos da oposición argumentaron o seu voto favorable nunha residencia “pública” e “accesible para todos os ribadenses”. O PSOE enfatizou a contribución do executivo provincial á construción do centro e a concertación das prazas. Pola súa banda, o voceiro do Partido Popular, Jesús López Penabad, dixo confiar en que o proxecto saia adiante co acordado, ao tempo que manifestou a súa “cautela” en relación coas consecuencias dos desacordos xurdidos entre o executivo provincial e Suplusa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...