A Deputación dotará dunha cuberta ao patio do Gregorio Sanz

O goberno provincial investirá 13.000 euros en cubrir o treito do acceso ao recinto ata os edificios

Ceip Gregorio Sanz. GOOGLE MAPS

A Deputación de Lugo investirá 13.000 euros nunha cuberta -desde a entrada ao recinto ata os inmobles– para o patio do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, único colexio público do municipio.

Deste xeito, o centro disporá dun paso peonil cuberto dende a porta de acceso ata o porche de entrada ao edificio principal. Comporá a instalación unha estrutura metálica de cinco pórticos, que sustentará unha cuberta formada por chapas cegas e translúcidas para conseguir iluminación natural. A altura mínima será de 2,20 metros, cun ancho de 5,40.

400 ALUMNOS

O deputado de relacións institucionais, Álvaro Santos Ramos, destaca que coa actuación “damos resposta a unha demanda da directiva do centro e da Asociación de Nais e Pais, permitindo que as nenas e nenos do colexio dispoñan dunha nova zona de xogo cuberta, ademais de protexer da choiva para acceder ás aulas, posto que actualmente hai un patio sen ningún tipo de recubrimento”. O Ceip Gregorio Sanz conta cuns 400 alumnos de Educación Infantil e Primaria

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here