InicioPolíticaLosada expón en Viveiro o plan Veca, que alimenta e atende a...

Losada expón en Viveiro o plan Veca, que alimenta e atende a 5.000 nenos galegos

O subdelegado do Goberno visitou o campamento de verán municipal, que dá servizo a 120 crianzas

Publicada o

- Advertisement -

O subdelegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presentou en Viveiro o programa Veca (Vacacións Escolares-Continuar Aprendendo), un servizo de ocio educativo que atende a 5.000 nenos e nenas da comunidade. Os pequenos beneficiados, pertencentes a familias en situación de vulnerabilidade, desfrutan de campamentos, comedores ou outras actividades.

O programa Veca exime de matrículta e cota ás familias dos menores con pais e nais que son demandantes de emprego e non perciben prestación ou subsidio. Os núcleos familiares con integrantes con discapacidade ou vítimas de violencia de xénero tamén teñen prioridade.

o plan está dirixido a nenos e nenas con familias en situación de vulnerabilidade

As axudas permiten financiar campamentos de verán, deportivos, organizados por entidades sociais ou barrios e tamén cheques-comida. En todos eles garantirase o almorzo, o xantar e a cea se é necesario.

ORZAMENTO

Segundo espuxo Losada, o Executivo español “duplicará o orzamento neste ámbito con respecto ao 2017, cun incremento no investimento de 5,2 a preto de 10,5 millóns de euros” para este exercicio. En Galicia, a achega do Goberno central ascenderá a 800.000 euros.

OBXECTIVOS

O delegado do Goberno en Galicia argumentou que os obxectivos do proxecto son “chegar a máis familias para que non lles custen nada este tipo de actividades durante as vacacións, garantir unha alimentación axeitada para os máis pequenos durante o verán e apoiar a conciliación das familias.

o estado destinará 10,5 millóns para fomentar campamentos de verán, deportivos ou impulsados por asociacións

Losada resaltou que o programa Veca enmárcase dentro de unha serie de medidas que “demostran ocompromiso do Goberno de Pedro Sánchez para apuntalar o estado de benestar, como a supresión do copago farmacéutico, a recuperación da sanidade universal ou o incremento da contía das becas”. Uns 2,1 millóns de menores están por debaixo do umbral da pobreza, cun 5,1% dos fogares españois en situación de carencia severa.

CAMPAMENTO VIVEIRENSE

Acompañado da subdelegada de Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e da edil de educación, María Carmen Franco, Losada coñeceu o campamento de verán viveirense, que atende durante os meses de xullo e agosto a 120 nenos de entre catro e doce anos de idade, cun investimento por parte do Concello de 16.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...