A avogada laboralista, segunda tenente de alcalde de Burela e concelleira de servizos sociais, economía, facenda e mar, Patricia Otero, tomou posesión este martes do escano como deputada do PSOE no Parlamento galego.
A nova deputada accede á cámara pola circunscripción de Lugo tras substituír no cargo a José Antonio Quiroga, que deixou o seu posto para presidir a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Otero deixará o goberno burelés para afrontar a súa nova tarefa.
Coa chegada de Otero e de Flora Miranda (En Marea), que tamén prometeu prometeu o seu cargo este martes, son 36 as deputadas no Parlamento galego, por 39 deputados.