O deputado e viceportavoz de En Marea no Parlamento galego, Antón Sánchez, proporá medidas parlamentarias contra o parque eólico das Sasdónigas.
Sánchez reuniuse con veciños afectados polo parque, das parroquias de Zoñán, Estelo, San Vicente e Sasdónigas.
O representante de En Marea prometeu que a delegación local do partido prestaralles asesoramento e axuda xurídica ante un proxecto que tacha de “depredación territorial, coa complicidade da Xunta de Galicia”.
“FRAUDE”
Á xuntanza asistiron Iván Lombardero, do Sindicato Labrego Galego, e o coordinador de En Marea a nivel local, Manuel Germade. Este último afirmou que “o convenio de Concello emprendedor” supón “un fraude á cidadanía”, pois “é unha perda de ingresos considerables que non achegará postos de traballo”.