O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse este venres ás masivas manifestacións das últimas semanas na Mariña e tamén ao espallamento do virus en toda a comarca. “Todos os movementos masivos claro que teñen un risco e hai ter en conta que esa é unha zona na que se moven máis de 70.000 persoas. Teñen o hospital da Mariña e Alcoa é un ente excepcional desde o punto de vista da plantilla. Hai moita xente que traballa en Alcoa que vive en Burela, en Foz, en Cervo, en Viveiro. É unha das grandes zonas intracomunicada en Galicia e é moi grande“, dixo.
Sobre o foco da Mariña dixo que xa están remitindo do casos e confirmou que que foi un brote autóctono e que comezou en Burela. “Por iso pechamos toda a Mariña para asegurarnos de que non circulara máis e localizar os núcleos máis sensibles. Unha vez localizados pois fomos abrindo os que eran menos vulnerables”, dixo.
Por iso, manifestou que o que lle preocupa é que a xente “sexa consciente” de que o virus “está aí e hai autonomías que están moi mal” e que tamén Galicia “o pode pasar mal no futuro”. “E se somos precavidos pois sortearemolo millor“, indicou.