InicioPolíticaBurela mellorará con 50.000 euros a iluminación do campo anexo da Marosa

Burela mellorará con 50.000 euros a iluminación do campo anexo da Marosa

Foi un dos acordos adoptados nun pleno que durou tres horas e que non saíu adiante a reprobación do alcalde solicitada polo PP

Publicada o

- Advertisement -

O pleno de Burela aprobou un investimento de 50.000 euros na reforma da instalación eléctrica do campo de fútbol sintético da Marosa. Colocaranse novos focos para que iluminación sexa suficiente e para aforrar enerxía, xa que terán tecnoloxía LED.

Outro dos acordos adoptados na sesión plenaria foi a recuperación dun dereito dos traballadores do Concello incluído no convenio colectivo e que o PP modificou no 2012 para reducir o gasto. Así, os obreiros que estean de baixa temporal recibirán a totalidade do salario desde o primeiro día.

RELACIÓN CON PORTOS

O pleno tamén aprobou unha moción do BNG relativa á Lei de Portos para a creación dun órgano municipal que consensúe con Portos de Galicia as medidas a tomar en temas que afecten á vida municipal. Os nacionalistas puxeron como exemplo os problemas de tráfico causados pola normativa entre as rúas Eijo Garay e O Berbés, nunha zona de titularidade portuaria.

REPROBACIÓN

A solicitude de reprobación do alcalde, o socialista Alfredo Llano, formulada polo PP non saíu adiante ao absterse o BNG. Os nacionalistas quixeron incluír na moción o mesmo trato para o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, polo “abandono” ao que “ten sometido” a Burela.

Llano calificou de “pataleta” a actitude dos populares, que sinalaron que “calquera que entre na sede electrónica pode comprobar a parálise do concello”. O PP de Burela asegurou que o alcalde “escúdase en obras de pouca entidade”. A discusión sobre este tema alongou o pleno, que se prolongou máis de tres horas.

PAVILLÓN

No aspecto de rogos e preguntas, o BNG instou ao goberno local a que aclarase as xestións realizadas para a consecución do novo pavillón. O alcalde sinalou que se está a traballar para buscar financiamento e para chegar a un acordo cos propietarios dos terreos necesarios para a súa construción. Os nacionalistas cren que as explicacións dadas polo alcalde son insuficientes e lembran que se comprometeu a redactar o proxecto da nova instalación en catro meses, un prazo que está a piques de rematar.

XUNTANZA CON COSTAS

O alcalde de Burela anunciou que mantivo un encontro con responsables de Costas para abordar varios temas. Un deles é o arranxo do parque infantil do Cantiño para adaptalo á normativa vixente de seguridade. Ademais, nese espazo substituiránse os bancos e actuarase nun valado do que se desprendeu unha parte pola acción do mar. Tamén se crearán prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.

PRAIA DO CABALIÑO

O rexedor sinalou que espera que estea lista o ano que vén a construción dunha escaleira na praia do Cabaliño. A reposición dunha parede que tirou un temporal na zona da Marosa foi outro dos temas tratados.

O PORTELO

Finalmente, o alcalde espuxo a súa intención de retomar un proxecto de 2008, o das instalacións para os socorristas no Portelo. O goberno local pretende pedir unha subvención ao Ministerio de Agricultura, Medio Ambiente e Pesca para poder habilitar servizos sanitarios e espazo para unha zodiac.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...