InicioM.ambiente e PatrimonioAchan unha moeda e un cravo que atribúen a un xacemento romano...

Achan unha moeda e un cravo que atribúen a un xacemento romano onde o parque eólico planeado nas Sasdónigas

En Marea pide a paralización do proxecto tralos achádegos, que relaciona cun campamento militar inventariado e incluído no PXOM

Publicada o

- Advertisement -

En Marea pide a paralización inmediata do proxecto do parque eólico de Sasdónigas, en Mondoñedo, tras dar eco ao achádego dunha moeda e un cravo que relacionan co xacemento da Cabana Vella, un recinto inventariado e incluído no PXOM de Mondoñedo como “castra aestiva” (asentamento romano de campaña) pero pendente aínda dun estudo arqueolóxico definitivo.

As pezas localizáronse este xoves nos terreos afectados polo proxecto empresarial cando os veciños traballaban na delimitación dos lindes das súas parcelas. Durante a mañá levantouse acta notarial do achádego, ademais de comunicalo ao Servizo de Patrimonio Cultural en Lugo.

O parque eólico conta coa Declaración de utilidade pública desde o pasado 17 de setembro.

PATRIMONIO

En primeira instancia, segundo consta na Declaracion de Impacto Ambiental do 1 de agosto pasado, o departamento autonómico informou desfavorablemente alegando a necesidade de protección do xacemento da Cabana Vella, pero un informe presentado posteriormente pola empresa, que negaba a existencia dun xacemento ou campamento militar romano no recinto, mudou a postura da administración, que autorizou o proxecto eólico.

O proxecto contempla a instalación de tres aeroxeradores de tres MW de potencia unitaria

En Marea considera que os achádegos deste xoves deberían paralizar a construción do parque polo que recurrirá a que deu luz verde ao inicio das obras na zona. Ademais, o coordinador local, Manuel Germade, instou ao concello de Mondoñedo que “poña en marcha un estudio riguroso e científico da zona”

OPOSICIÓN AO PROXECTO

A formación manifestou nas últimas semanas o seu desacordo cun proxecto que consideran un exemplo de “depredación do medio natural”. Critican que, ademais dos agravios medioambientias e patrimoniais, a instalación dos aeroxeneradores non suporá ningunha contrapartida para os veciños.

En Marea critica que o parque eólico non terá ningunha contrapartida para a veciñanza

“A empresa ten unha bonificación do 95% no Imposto de Bens Inmobles, no Imposto de Actividades Económicas e no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras. O Concello de Mondoñedo non cobrará nin un só euro de taxas nin de cánon eólico, mentras os propietarios dos terreos afectados teñen que ceder as súas terras por un período de 31 anos ás empresas eléctricas cobrando 0,02 euros por metro cadrado e ano”, critica Germade.

VISITA DA ACOUGA

A formación adiantou que, o vindeiro sábado 13 de outubro, expertos da Asociación Galega de Consumidores (ACOUGA) achegaranse a Mondoñedo para prestar asesoramento xurídico á veciñanza, “estudiando cada caso persoal e pormenorizadamente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...