InicioPolíticaJavier Arias Fouz substitúe a Balseiro como delegado territorial da Xunta

Javier Arias Fouz substitúe a Balseiro como delegado territorial da Xunta

O valadourense substituíra a Raquel Arias como máximo representante do Goberno autonómico na provincia no 2016; o ribadense Gonzalo Trenor ocupará este cargo na Coruña

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presentou este xoves a remodelación da estrutura orgánica a nivel de centros directivos do Goberno autonómico, que contempla a renovación dos cinco delegados territoriales do Executivo galego.

A reunión semanal do equipo de Goberno da Xunta deu luz verde nesta xornada a este decreto para a remodelación orgánica do Executivo que, nesta ocasión, únicamente contempla a creación de dúas novas direccións xerais: unha de Relacións Laborais e outra de Atención Integral Sociosanitaria.

Un dos aspectos máis relevantes foi o cambio en todas as delegacións territoriais que agora pasan a estar ocupadas polo ribadense Gonzalo Trenor (A Coruña), Gabriel Alén (Ourense), Luisa Piñeiro (Pontevedra), Javier Arias (Lugo), en substitución do deputado autonómico valadourense José Manuel Balseiro, e Marta Fernández-Tapias (Vigo).

Balseiro era o delegado territorial da Xunta desde 2016, cando relevou no cargo a Raquel Arias.

Fouz, licenciado en Dereito e que exercera como funcionario da Deputación, sendo asesor xurídico e medioambiental de Suplusa, foi nomeado como xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda en abril do 2017.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...