InicioPolíticaViveiro ten 14 casos activos por violencia de xénero

Viveiro ten 14 casos activos por violencia de xénero

O Concello constituíu a mesa local contra as agresións machistas, na que participan representantes do ámbito da educación, da seguridade, da xustiza, da sanidade e do emprego

Publicada o

- Advertisement -

Este luns constituíse a Mesa Local contra a Violencia de Xénero de Viveiro, que reÚne representantes de todas as entidades e institucións involucradas na prevención e loita contra esta manifestación extrema da desigualdade entre homes e mulleres.

O novo organismo incorpora persoal técnico da concellería da Muller e dos servizos sociais, e representantes dos centros educativos, do centro de saúde, da oficina de emprego, das forzas de seguridade -Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local- e do xulgado. Tamén toman parte representantes políticos tanto da corporación municipal como da subdelegación do goberno en Lugo.

o viveirense é o décimo primeiro municipio da provincia en constituír un organismo nesta materia

A sesión constitutiva presidírona a alcaldesa, María Loureiro, a subdelegada, Isabel Rodríguez, e maila secretaría xeral de Igualdade, Susana López Abella, que coincidiron en sinalar a idoneidade desta fórmula de coordinación institucional para avanzar nas políticas de erradicación da violencia machista. “Só traballando xuntos poderemos acabar con esta lacra”, subliñou a rexedora quen asegurou que o concello achega “todos os recursos dos que dispón para loitar contra a violencia de xénero”.

MODIFICACIÓN LEXISLATIVA

Viveiro converteuse no décimo primeiro concello da provincia en constituir unha mesa de ámbito local nesta materia. O concello tomou a iniciativa despois dun Real Decreto aprobado en agosto polo goberno español.  A reforma lexislativa devolveu aos municipios competencias en materias sociais que lles foran retiradas en 2013,  entre elas a prevención e atención ás vítimas da violencia machista.

No que vai de ano, rexistráronse en Viveiro dezanove denuncias por violencia de xénero

O cambio normativo acompañouse dun sistema de transferencia de recursos económicos desde a administración central, polo que cada concello recibe unha achega fixa mínima (689 euros) á que se engade outra cantidade variable en función do número de habitantes.

SISTEMA VIOGÉN

Por outra banda, a policía local de Viveiro integrouse no Sistema de Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero (VIOGÉN), un programa estatal que aglutina ás diferentes institucións  públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero co obxectivo de compartir información de interese para a protección e atención ás vítimas.  As policías locais de Burela e  Ribadeo tamén forman parte desta rede.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...