InicioPolíticaSon Viveiro reclama a devolución da acta ao único edil do partido,...

Son Viveiro reclama a devolución da acta ao único edil do partido, que deixou a formación

Luis Manuel García Otero informou a finais do pasado mes de outubro da súa intención de exercer como edil non adscrito

Publicada o

- Advertisement -

A coalición electoral Son Viveiro-Son en Común reclama ao que fora ata agora o seu único edil na corporación, Luis Manuel García Otero, que “devolva a acta” despois de que a finais do pasado mes de setembro, García Otero informase á formación da súa intención de pasar a exercer como concelleiro non adscrito, o que deixaría ao partido de esquerda sen representación na corporación municipal.

“Alonxarse dos principios e ideais que figuraban no programa electoral do grupo, a adopción de posicionamentos contrarios aos acordos tomados pola asemblea e os frecuentes enfrontamentos con compañeiros da corporación foron os motivos que provocaron os desencontros coa mesma”, expoñen desde Son Viveiro, alegando que a situación actual “faille un fraco favor á dignidade da clase política e á veciñanza, que ve como este edil pasa a engrosar a pouca ética listaxe de concelleiros tránsfugas de Viveiro”.

Malia que admite que existen “distintas sensibilidades” na coalición, Son Viveiro salienta a través dun comunicado de prensa de que a súa asemblea “acordou por unanimidade rexeitar a actitude do edil desertor por supoñer tanto un engano á veciñanza que en maio de 2019 lle deu o seu apoio á lista pola que fora elixido como unha falta de coherencia e unha deslealdade absoluta aos membros da candidatura”.

“Consecuentemente”, argumenta o partido, “a única saída honesta pola súa banda é a renuncia á acta de concelleiro que lexitimamente lle corresponde á organización, máxime cando é o propio edil quen abandona o grupo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...