O PP de Burela critica unha suba “do 342%” nas multas de tráfico

Os populares ven "afán recadatorio" no feito de que se recadaron 64.530 euros ata o 25 de setembro, cando no 2017 os ingresos por sancións foron de 13.765

Rúa Rosalía de Castro, no centro de Burela. GOOGLE MAPS

O Partido Popular de Burela asegurou que nos primeiros nove meses do 2018 multiplicouse “por 3,5” o recadado o ano anterior en multas de tráfico no municipio.

Os populares indican a cantidade ingresada no 2017 por estas sancións ascendeu a 13.765 euros, polos 64.530 acumulados ata o 25 de setembro.

Así, o grupo municipal burelés critica unha suba do “342%” con respecto ao 2017. Esta cifra demostra, segundo os populares, que “o alcalde quere recadar a base de multas de tráfico”.

“POLÍTICAS NON SENSATAS”

O PP local afirma que “as políticas de ordenación de tráfico dos socialistas, nada equilibradas nin sensatas, pasan polas sancións e por desoír as demandas dos veciños, como ocorreu coa supresión dos pasos de peóns e zonas de carga e descarga en Arcadio Pardiñas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here