IniciosociedadeO BNG pide no Parlamento unha consulta de cirurxía vascular no Hospital...

O BNG pide no Parlamento unha consulta de cirurxía vascular no Hospital da Mariña

Denuncian a continua perda de dotacións e servizos na sanidade pública da comarca e amosan o seu apoio á concentración en defensa da sanidade pública do próximo día 21 en Burela.

Publicada o

- Advertisement -

O deputado mariñao do BNG Daniel Castro pediu a través dunha iniciativa presentada no Parlamento galego que se dote cunha consulta de cirurxía vascular ao Hospital da Mariña. “A súa falla provoca que @s doentes teñan que desprazarse cen quilómetros ou acudir á sanidade privada para a consulta e tratamento das enfermedades desa índole, sexan estas moi graves e complexas ou absolutamente sinxelas coma o caso das varices”, denuncia nun comunicado.

Desde o BNG mariñao inciden no proceso de desmantelamento dos servizos sanitarios na comarca, acentuados desde a eliminación da Área Sanitaria da Mariña, e acentuados tamén pola pandemia Covid19. “Un ano despois do inicio da pandemia séguese a dificultar tamén o acceso aos centros de saúde con demoras dunha semana para conseguir unha cita, mesmo telefónica, e aumentan tamén os atrasos para acceder ás prestacións hospitalarias: consultas, probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas”, critica.

APOIO MOBILIZACIÓN SOS SANIDADE

Por iso, a formación nacionalista amosa o seu apoio ás concentracións convocadas por diversas plataformas cidadáns para o mércores 21 de abril en todo o país e que na Mariña terá lugar en Burela ás 20:00, convocada pola plataforma mariñá na Praza do Concello baixo os lemas “Recuperar a Sanidade Pública da Mariña” / “Recuperación da Área Sanitaria roubada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...