InicioPolíticaO PP acusa ao Goberno central de "deixar tirados" aos traballadores de...

O PP acusa ao Goberno central de “deixar tirados” aos traballadores de Alcoa

Jaime de Olano critica a súa política de "patada cara adiante".

Publicada o

- Advertisement -

O vicesecretario de Participación do PP e deputado no Congreso, Jaime de Olano, acusou este venres ao Goberno de Pedro Sánchez de “deixar tirados” aos traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao.

En declaracións aos medios fronte á Comisaría de Policía Nacional en Lugo, De Olano condenou a “política da patada cara adiante” e “de non comprometerse co futuro desa gran industria de Lugo e de Galicia” por parte do Executivo estatal. “Unha vez máis, o Goberno deixa tirado aos traballadores, despois de andar mareando a perdiz. E xa o fixeron co estatuto da industria electrointensiva”, agregou.

Ao seu xuízo, o estatuto aprobado “non resolve en absoluto o problema do prezo da enerxía para este tipo de industrias e agora dá a sensación que deixan, unha vez máis, tirados aos traballadores de Alcoa”.

Ademais, Jaime de Olano reivindicou que o PP leva “anos ao lado dos traballadores”: “Reunímonos con eles e presentamos multitude de iniciativas tanto no Congreso como no Senado, pero sempre nos atopamos con palabras baleiras e compromisos ocos por parte da ministra (de Industria) Reyes Maroto, pero moi especialmente Pedro Sánchez”.

“Eu lembro as eleccións, cando o señor Sánchez na Coruña baixouse do avión para dicir que o problema de Alcoa estaba solucionado. Iso díxoo Pedro Sánchez hai dous anos aquí, en Galicia, e a día de hoxe o futuro de Alcoa moito temémonos que non é moi positivo”, presaxiou.

APELA Ao PSDEG

De Olano tamén aproveitou para reclamar ao Partido Socialista de Galicia e de Lugo un “compromiso claro” co persoal de San Cibrao: “Aquí hai dúas opcións, ou un está ao lado dos traballadores, da industria e da creación de emprego nesta provincia, ou un está para facer de palmeiro de Pedro Sánchez”.

Está a esgotarse o tempo e estanse esgotando as escusas. Eu pido desde aquí un compromiso claro aos alcaldes da Mariña, aos alcaldes da provincia e da Deputación para salvar esa gran industria na nosa provincia”, concluíu o vicesecretario de Participación.

AXENCIAS

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...