InicioPolíticaO BNG presenta mocións en todos os concellos da Mariña en contra...

O BNG presenta mocións en todos os concellos da Mariña en contra do pago de peaxes nas autovías

"Sempre será unha medida moi lesiva para as persoas con menos recursos, os ricos sempre poderán pagar as peaxes", apunta o deputado Néstor Rego.

Publicada o

- Advertisement -

“O anuncio do goberno do Estado de implantar peaxes en todas as autovías públicas xerou inquietude e preocupación en todo o país polos efectos sumamente negativos que esta medida pode xerar a nivel económico e social”. Así o cre o BNG que xa anunciou a sú oposición a esta decisión do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana no Parlamento galego e no Congreso.

Unha negativa que tamén trasladará aos concellos de toda a Mariña a través de mocións nas que insta ao Goberno a paralizar “o que sería un repago e un cobro abusivo polo uso dunhas infraestruturas que xa pagamos todos, tanto a súa construcción  coma o seu mantemento, a través dos impostos”, apuntan nun comunicado.

Sempre será unha medida moi lesiva para as persoas con menos recursos, os ricos sempre poderán pagar as peaxes e son os traballadores e traballadoras as que se verán excluídas de empregar estas vías de alta capacidade polas dificultades de asumir o seu custo” manifestou o deputado no Congreso Néstor Rego.

Tanto o deputado no Parlamento Daniel Castro e a responsable comarcal do BNG Ana Ermida denunciaron que, de aprobarse esta medida, a Mariña seria unha das comarcas máis prexudicadas de Lugo xa que se cobraría por usar a autovía A-74 Barreiros-San Cibrao así como a A-8 cando ainda non solucionaron o problema do Fiouco nin hai unha alternativa para mellorar a N-634 desde Mondoñedo á Xesta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...