InicioPolíticaAlcoa San Cibrao é "un exemplo das mentiras coas que Sánchez chegou...

Alcoa San Cibrao é “un exemplo das mentiras coas que Sánchez chegou ao Goberno”, segundo o PP

"Hai máis de dous anos dicía que aprobaría un estatuto para a industria electrointensiva que daría solución e resulta que o que aprobaron non só non dá solución, senón que as prexudica a outras industrias" di o deputado Jaime de Olano.

Publicada o

- Advertisement -

O vicesecretario de Participación do Partido Popular, Jaime de Olano, asegurou este sábado que a situación que atravesa a planta de Alcoa en San Cibrao supón “un exemplo das mentiras coas que Pedro Sánchez chegou ao Goberno e que goberna en base a elas”.

Acompañado pola presidenta provincial do PP de Lugo e deputada autonómica, Elena Candia; o parlamentario no Congreso ofreceu este sábado declaracións aos medios no porto de Burela, onde se referiu a os problemas da factoría de aluminio mariñá que, ao seu xuízo, constitúen un “exemplo” dos “enganos” do presidente estatal.

Enganou a todos os traballadores de Alcoa. Hai máis de dous anos dicía que aprobaría un estatuto para a industria electrointensiva que daría solución e resulta que o que aprobaron non só non dá solución, senón que as prexudica en detrimento de outras industrias asentadas noutras comunidades e das que o señor Sánchez depende para estar en Moncloa“, afirmou o deputado lugués.

Desde Burela, De Olano acusou ao Goberno central de “deixar tirados” aos traballadores da planta de San Cibrao –en Cervo– como fixo con “os de Avilés e A Coruña”, onde Alcoa tiña plantas que foron vendidas.

Pola súa banda, Candia demandou o cumprimento de “todos” os acordos parlamentarios sobre Alcoa e solicitou que a Sepi interveña a factoría de forma temporal “para garantir eses postos de traballo”.

APOIO AO POLICÍA XUBILADO AOS 45 ANOS

Deputados estatais e autonómicos do PP galego trasladaron este sábado o seu apoio ao policía natural de San Cibrao –CervO– que resultou ferido de gravidade nos disturbios rexistrados en Cataluña no ano 2019 tras coñecerse as condenas aos líderes do procés.

Os parlamentarios no Congreso Jaime de Olano e Ana Vázquez, así como a deputada autonómica e presidenta provincial Elena Candia mantiveron na mañá deste sábado un encontro no porto de Burela co Ángel Manuel Hernández, xubilado anticipadamente aos 45 anos polas secuelas das feridas que sufriu en outubro de 2019 en Barcelona.

Os populares censuran que “a resposta” do Goberno a quen “si actuaron en defensa dos constitucionalistas cataláns e do conxunto de España” é “negarlle o que por dereito lle corresponde”, en referencia á reclamación do axente de que as lesións sexan recoñecidas como secuelas dun acto de servizo.

“Estamos ante un goberno indingo”, aseverou De Olano, que lamentou as “mentiras” dun executivo “que dicía que ía a tipificar o delito de referendo ilegal” e que “se comprometío” a “traer” ao expresidente catalán Carles Puigdemont “diante da xustiza” pero que “ao pouco tempo xa ha indultado” aos políticos independentistas condenados polo procés “en contra do criterio da Fiscalía e do sentido común dos españois”.

“Non solucionan nada senón que fan máis fortes aos independentistas”, incidiu o deputado estatal, que acusou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de querer “condonarles a débeda” aos políticos independentistas cataláns.

“Eu dígolle a Sánchez que se quere facelo que use o diñeiro do PSOE pero non o de todos os españois. Tería que dimitir e convocar eleccións para que os españois puidesen elixir”, remarcou De Olano.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...