InicioPolíticaAna Pontón estará en San Cibrao este sábado para celebrar o Día...

Ana Pontón estará en San Cibrao este sábado para celebrar o Día da Patria

A portavoz nacional do BNG estará presente na vila cervense dentro dos actos que a formación levará adiante na comarda da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, estará este sábado 17 de xullo en San Cibrao, na Praza da Casa da Cultura ás 12 da mañá. Será nun acto no que ademais de Pontón intervirán tamén cargos orgánicos e institucionais da comarca, entre elas Ana Ermida, Pilar Vázquez, responsable comarcal de Galiza Nova, Daniel Castro, deputado no Parlamento e Diego Fernández, portavoz municipal en Cervo.

Os diferentes actos que se celebrarán na María antes do 25 de xullo, foron presentados polas responsables comarcais do BNG e Galiza Nova, Ana Ermida e Pilar Vázquez. Ambas as dúas quixeron remarcar que os actos están abertos a “todas as mariñás e a todos os mariñaos”.  Á parte, tamén indicaron que nestes dous últimos anos, difíciles e complexos para a comarca púidose comprobar “como fomos capaces de exercer a nosa dignidade colectiva coa loita e o traballo de todas e cada unha de nós”.

Desde o BNG comarcal tamén informan que por motivos de protocolo anticovid haberá que acreditarse para acceder ao perímetro donde se celebrará o acto, polo que recomendan ir con antelación. Pola súa parte, Galiza Nova despregará unha gran bandeira galega nas localidades costeiras en solidariedade co sector pesqueiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...