InicioCentralJosé Tomé liderará a lista que Lugo presentará ao Congreso Federal do...

José Tomé liderará a lista que Lugo presentará ao Congreso Federal do PSOE

Non se descarta que poida haber máis candidaturas a encabezar a delegación lucense.

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, confirmou este xoves que o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, liderará aos doce delegados lucenses que asistirán ao Congreso Federal que o PSOE celebrará en Valencia en outubro.

Na lista tamén estará a secretaria xeral do PSOE provincial de Lugo, a deputada autonómica, Patricia Otero. O resto de integrantes aínda non se coñece de maneira oficial e non se descarta que poida haber máis candidaturas a encabezar a delegación lucense.

A intención é presentar unha lista que represente a toda a provincia. Tanto no plano orgánico como con persoas que son alcaldes, por exemplo a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez”, avanzou José Tomé.

Á marxe de nomes, Gonzalo Caballero insistiu na súa petición de conformar “listas de integración e unidade en todas as provincias”. “Fixémolo en Pontevedra e en Lugo. Temos que seguir remando para que nas outras dúas provincias se aposte por esa mesma liña”, reiterou. “Creo que ninguén vai estar nunha liña distinta á do proxecto que conseguiu colocar, de novo, ao PSOE como primeira forza política en España”, remarcou Caballero.

“Todos os socialistas estamos unidos para apoiar a Pedro Sánchez. Non podemos aparentar unha división artificial que non existe”, repetiu o secretario xeral, que aproveitou para lembrar que tanto el como José Tomé e Patricia Otero “xa apoiasen” o proxecto de Pedro Sánchez fai catro anos.

O propio Caballero púxose de exemplo ao ir de último na lista de representantes de Pontevedra. “Desde a xenerosidade pódese fortalecer o partido“, pronunciou en base á súa posición.

José Tomé tamén aproveitou para explicar que ao Congreso Federal “non só irán doce lucenses”. “Haberá máis militantes participando aínda que non poderán votar nas comisións”, puntualizou. Gonzalo Caballero insistiu no traballo do seu partido “para a xente” e cualificou este inicio de curso político como “o da reactivación pensando nas persoas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...