A mindoniense Elena Candia reelixida presidenta do PP provincial de Lugo

Candia pide "maiorías absolutas" mentres que desde a executiva do PP piden a Pedro Sánchez que convoque eleccións.


Elena Candia repite na presidencia provincial do PP na provincia de Lugo durante un cónclave onde estivo acompañada polo presidente da Xunta de Galicia e presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo e pola vicesecretaria de Organización do PP, Ana Beltrán.

Candia fixo un chamado desde o lugar onde se celebrou o congreso provincial, Outeiro de Rei, para conseguir “maiorías absolutas” que permitan aos populares gobernar concellos e Deputación.

Ademais disto, Ana Beltrán, aproveitou tamén para pedir eleccións ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ante a situación dentro do sector da enerxía eléctrica.

Máis información en Lugo Xornal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here