InicioPolíticaO Parlamento pide unha aposta "real" pola vía de alta capacidade Costa...

O Parlamento pide unha aposta “real” pola vía de alta capacidade Costa Norte

Tamén esixe que se execute, no menor tempo posible, a autovía da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade dos grupos unha petición á Xunta de “aposta decidida, real e efectiva” pola vía de alta capacidade Costa Norte, de San Cibrao a Ferrol.

En concreto, a iniciativa, que saíu adiante na comisión de ordenación territorial, partiu do PSdeG e contou co apoio de BNG e PP tras engadir unha emenda dos populares.

Esta aposta pola mencionada vía de alta capacidade solicítaa “levando a cabo, en diálogo e consenso cos concellos polos que transcorre esta infraestrutura, todas as accións precisas para terminala no menor tempo posible”.

Xunto a esta reclamación, o texto acordado tamén demanda á Xunta que se dirixa ao Goberno central “para que execute, no menor prazo de tempo posible”, a autovía da Mariña, a A-74

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...