Feijóo pide a “intervención temporal” de Alcoa e unha “solución” para Vestas

Di que proporá estudar a viabilidade de instalar a fábrica de fibras téxtiles en Lugo.

Alberto Núñez Feijóo. AXM

O titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno galego, a través da súa representación na Sociedade Impulsa, proporá estudar a viabilidade de instalar a fábrica de fibras téxtiles na provincia de Lugo.

Así o avanzou durante o primeiro debate de política xeral da actual lexislatura, no que pediu o apoio dos Grupos da Cámara contra o que considera un “ataque continuado” por parte do Executivo estatal á Galicia industrial.

Neste sentido, ademais de propor estudar a viabilidade de situar esta planta na provincia de Lugo, volveu a reclamar a “intervención temporal da planta de Alcoa por parte do Goberno central“, así como unha solución que impida o peche de Vestas en Viveiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here