Son Viveiro pide explicacións ao Concello sobre unha suposta apropiación do paseo marítimo por parte do hotel Urban

A coalición de esquerda acusa ao goberno municipal de eludir responsabilidades ante un "abuso ou mala praxe" por parte da empresa

Hotel Urban, no paseo marítimo de Viveiro. AXM

Son Viveiro pide explicacións ao goberno local ao entender que “ocultou a verdade” sobre a súa responsabilidade nunha suposta apropiación do espazo público por parte do Hotel Urban.

A coalición de esquerda denunciou no pleno un “abuso ou mala praxe” por parte da empresa en relación ao espazo público na zona do paseo marítimo.

MODIFICACIÓNS

Son Viveiro expón que o Hotel “rebaixou o arcén, realizou sinais horizontais indicando a entrada e saída de vehículos ao hotel e eliminou a zona de carga e descarga que existía”.

Luis Manuel García Otero, o voceiro do partido, asegura que a resposta do goberno local foi “atribuírlle a responsabilidade a Costas”.

PREGUNTA NO CONGRESO

Así, Son Viveiro realizou, a través de En Marea, unha pregunta no Congreso dos Deputados sobre esta cuestión.

O deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán-Vello solicitou ao Goberno que delimitase quen ten as competencias nese ámbito e permitiu estas actuacións, “xa que o Concello de Viveiro lava as mans e traslada ao Ministerio de Medio Ambiente”.

Na súa resposta, o Goberno sinala que “os rebaixes da acera e o resto de sinalización, corresponden ao ámbito físico suscrito polo Concello”, así como “a área denominada de check-in”.

O Excutivo central conclúe que “non existe apropiación do espazo público na área por parte do hotel”, pois as modificacións realizadas “atópanse no ámbito da concesión”.

“OCULTOUSE A VERDADE”

García Otero pregunta ao goberno local por que “ocultou a verdade” e insta á alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, a que “dea explicacións de se é verdade isto que di Costas e por que non se nos explicou antes”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here