InicioPolíticaO PP acusa aos socialistas da Mariña de mentir sobre Altri para...

O PP acusa aos socialistas da Mariña de mentir sobre Altri para crear confusión entre a veciñanza da comarca

O PP provincial di non entender que os socialistas da Mariña non vexan neste proxecto unha oportunidade, "pero menos aínda que mintan só para xerar confunsión e malestar entre os veciños e veciñas".

Publicada o

- Advertisement -

O PP da provincia de Lugo emitiu un comunicado ante as declaracións realizadas por parte de alcaldes e representantes do PSOE na Mariña. En dito comunicado o PP lamenta que os socialistas da Mariña “decidisen ver como un problema e unha mala noticia un gran proxecto para a provincia de Lugo e, por suposto, para esta comarca”.

Os populares cualifican esta postura como “o mundo ao revés, porque esta iniciativa suporá novas oportunidades para esta comarca: permitirá consolidar e facer crecer un sector estratéxico como é a industria forestal”.

O PP provincial di non entender que os socialistas da Mariña non vexan neste proxecto unha oportunidade, “pero menos aínda que mintan só para xerar confunsión e malestar entre os veciños e veciñas”.

Segundo os populares, os socialistas da Mariña menten cando din que o Parlamento galego e a Xunta non cumpriron o seu compromiso, “cando o certo é que a localización finalmente elixida pola empresa para a fábrica de fibras téxtiles é a provincia de Lugo”.

O segundo punto sobre o cal o PP asegura que os socialistas menten é cando aseguran que se dixo que a fábrica se situaría na Mariña, porque non era posible falar dunha localización final da fábrica ata que a empresa fixese o seu estudo de viabilidade. Sobre isto, os populares sinalan que tras avaliar 46 emprazamentos distintos por toda Galicia, entre eles a zona da Mariña, Altri determinou que o lugar idóneo era Palas de Rei. De feito, segundo xa explicou a propia empresa, A Mariña no reunía os requisitos técnicos que precisa o proxecto.

A isto engaden que no Parlamento galego o PSdeG, co seu voto a favor, defendeu a instalación da planta na provincia de Lugo e que, no caso de que fose técnicamente viable, “a primeira opción fose A Mariña -é dicir, dita localización sempre quedaba condicionada ao resultado do estudo de Altri-“.

Desta maneira, o PP lucense sinala que os socialistas da Mariña parecen buscar que non se leve adiante este proxecto e a provincia de Lugo perda a oportunidade de contar cun proxecto “que suporía un investimento histórico de 800 millóns de euros e a xeración de 2.500 empregos entre directos e indirectos”.

Por último, preguntan “que opinarán os socialistas de Palas de Rei e da comarca da Ulloa sobre as declaracións dos socialistas da Mariña? Que opinarán na dirección do PSdeG?”. Segundo o PP, “todos coincidiron en aplaudir o proxecto e avalan a localización escollida pola empresa por criterios absolutamente técnicos”.

E insisten en que os socialistas da Mariña están dispostos a mentir e xerar confusión, “pretendendo coa súa actitude cuestionar un proxecto que xerará enormes oportunidades en toda a cadea de valor do sector forestal da Mariña e de toda a provincia de Lugo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...