InicioEconomíaUnha proposta non de lei do BNG no Parlamento pide a protección...

Unha proposta non de lei do BNG no Parlamento pide a protección da pesca ante o impacto da eólica mariña

A parlamentaria Rosana Pérez pediu que atendan ao contido do “Manifesto de Burela na defensa do sector pesqueiro do Cantábrico Noroeste” e protexer o sector pesqueiro da ameaza que suporía a localización de instalacións eólicas mariñas en caladoiros e espazos dedicados á actividade pesqueira, e, en consecuencia, sen afectar o escosistema mariño e as actividades pesqueiras.

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez, a través dunha proposta non de lei denunciou no Parlamento galego o impacto da enerxía eólica mariña sobre a actividade pesqueira no Cantábrico Noroeste. Por iso pediu un pronunciamento na Cámara autonómica para evitar este prexuízo. Neste sentido, apelou ao contido do “Manifesto de Burela” e a necesidade de atender as súas demandas acadando finalmente “un acordo unánime” de tres puntos. Para iso insta á Xunta a dirixirse ao goberno do Estado.

Rosana Pérez pediu que atendan ao contido do “Manifesto de Burela na defensa do sector pesqueiro do Cantábrico Noroeste” e protexer o sector pesqueiro da ameaza que suporía a localización de instalacións eólicas mariñas en caladoiros e espazos dedicados á actividade pesqueira, e, en consecuencia, sen afectar o escosistema mariño e as actividades pesqueiras.

Avaliar a través do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) o impacto da instalación de polígonos de eólicos mariños sobre os recursos pesqueiros. Tamén sobre as zonas de traballo das diferentes artes e segmentos da frota e os seus efectos sobre a economía das comunidades do Cantábrico. De constatarse posibles danos, evitar o severo prexuízo ao sector pesqueiro e os danos nos ecosistemas mariños que suporía a implantación deste tipo de instalacións

Rosana Pérez explicou que a “Plataforma Manifesto de Burela”, integrada por organizacións pesqueiras e confrarías do Cantábrico Noroeste, naceu a finais do pasado ano 2021 e entrevistouse cos distintos Grupos representados neste Parlamento a primeiros de febreiro deste mesmo ano. Nesas reunións, dixo buscaban o compromiso dos distintos Grupos para apoiar en sede parlamentar o contido do “Manifesto de Burela” na defensa do sector pesqueiro do Cantábrico Noroeste e protexer a ese sector da localización de instalacións eólicas mariñas en espazos dedicados á actividade pesqueira.

PUNTOS DA PLATAFORMA DO MANIFESTO BURELA

A “Plataforma do Manifesto Burela” quere deixar clara a súa preocupación pola situación que se está a crear polos efectos do cambio climático no planeta en xeral e no medio mariño en particular.

Ademais, están claramente a favor da implantación de enerxías renovable limpas e no caso do mar sempre que se instalen fóra dos caladoiros de pesca e conten coas avaliacións de impacto a todos os niveis, previas á súa implantación.

Entende que os proxectos de implantación de enerxía eólica mariña nas nosas costas non son compatíbeis cos usos existentes, nin coa escasa plataforma continental destas costas, nin coa riqueza dos nosos ecosistemas, nin coa preservación da biodiversidade, nin co mantemento da actividade pesqueira.

Invoca, debido ás grandes interrogantes que aínda existen sobre a afectación da eólica mariña aos ecosistemas, o principio de precaución antes de proceder ao seu desenvolvemento nos nosos mares.

Rebélase contra o paradigma de que poderosos grupos de presión, con anuencia, en moitos casos, das administracións, pretendan impoñer unha industrialización do mar como fonte de enerxía renovábel, en detrimento da produción de alimentos sostíbeis e saudábeis e en detrimento do sector e das comunidades pesqueiras nas nosas costas, zonas altamente dependentes da pesca, sen que se teñan feito as avaliacións que correspondan sobre a afectación aos nosos ecosistemas por parte desa industria.

Advirte do dano irreversible que se pode facer ao ecosistema e, polo tanto, da grave afectación presente e futura que iso tería non só no sector pesqueiro, senón no conxunto da sociedade.

Lembran que o Parlamento Europeo, no seu informe sobre o impacto no sector pesqueiro dos parques eólicos e outros sistemas de enerxía renovábel, indica que a liña vermella que non se pode sobrepasar coa implantación da eólica mariña nas augas da UE é a afectación aos caladoiros de pesca e á actividade pesqueira e que os caladoiros deben permanecer libres de enerxías renovables mariñas porque o esencial é preservar os nosos ecosistemas e a actividade do sector como provedor á sociedade da proteína animal saudábel que menos pegada de carbono deixa no planeta e evitar que se poña en risco a seguridade alimentaria.

A Plataforma declara que a pesca en si mesma xa forma parte da solución para paliar o cambio climático e que o sector do mar non pode ser substituído por industrias que afecten aos seu modo de vida e aos ecosistemas, en prexuízo de toda a sociedade e para beneficio de empresas enerxéticas que amosaron estar moi apartadas do interese xeral e do ben común.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...