InicioPolíticaReclaman á Xunta que cubra as prazas de psiquiatría baleiras no servizo...

Reclaman á Xunta que cubra as prazas de psiquiatría baleiras no servizo de saúde mental da Mariña

O BNG advertiu que, a día de hoxe, hai 500 persoas en lista de espera, “para ser atendidas de doenzas que, en moitos casos, non son para atrasar moito”, e recalcou que, ademais, todas aquelas persoas que estaban sendo atendidas a domicilio teñen que achegarse agora de xeito obrigado e presencial ao centro de saúde.

Publicada o

- Advertisement -

O deputado nacionalista Daniel Castro urxiu á Xunta no Parlamento galego a cubrir as prazas de psiquiatría que seguen baleiras no servizo de saúde mental da Mariña, distrito que contaba con tres psiquiatras e que dende hai unhas semanas só dispón dun, nunha comarca que aglutina a preto de 70.000 habitantes.

Castro advertiu que, a día de hoxe, hai 500 persoas en lista de espera, “para ser atendidas de doenzas que, en moitos casos, non son para atrasar moito”, e recalcou que, ademais, todas aquelas persoas que estaban sendo atendidas a domicilio teñen que achegarse agora de xeito obrigado e presencial ao centro de saúde.

O deputado mariñán do BNG recordou que Galicia está á cabeza do Estado no consumo de tranquilizantes e que se duplicaron os intentos de suicidio e autolesións entre as e os adolescentes, pese ao que “os mozos e mozas da Mariña non poden ser atendidos na comarca porque non contamos con ningún psiquiatra infantil”. De igual xeito, apuntou tamén ao recorte da calidade asistencial nas residencias, dado que se ten que facer con horas extras.

“Se imos á psicoloxía dános unha media de 2,8 profesionais cada 100.000 habitantes, cando a media estatal, xa de por si é mala, está en 6”, afondou, para reprochar a continuación ao titular de Sanidade o estado no que se atopa o servizo de saúde mental na comarca.

Así pois, Castro recordou ao conselleiro que “levan dirixindo 13 anos unha sanidade da que teñen todas as competencias”, polo que lle pediu non recorrer a argumentos baleiros nin abotar balóns fóra e reforzar con profesionais e recursos o servizo de saúde mental da Mariña, pero tamén os de todo o País xa que, segundo concluíu, “vivimos nun sen sentido tan grande que no peor momento da saúde mental da sociedade galega en décadas, xusto agora é cando peor estamos: a Xunta non só non reforza os recursos senón que nin tan sequera cubre as vacantes”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...