InicioPolíticaCervo continuará coa política de rematar co "feísmo" urbanístico

Cervo continuará coa política de rematar co “feísmo” urbanístico

Anuncia obras "de gran calado" como os de tentar rematar co "feismo" na Atalaia. As contas suman máis de 8,3 millóns, deles 2,5 para actividades sociais, culturais e de lecer.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de aprobar en pleno os orzamentos deste ano cuxa cifra ascende a 8.374.551,77 euros. Tal e como preciou a edil de Facenda, Dolores García Caramés, trátase, dixo, “duns orzamentos realistas, que responden aos principios da prudencia e da responsabilidade, co obxectivo sempre de seguir a prestar uns servizos públicos de calidade par a nosa veciñanza, cumprindo os principios da eficiencia e da eficacia na xestión do gasto público; e sen incrementar a carga impositiva á veciñanza”.

Así suliñou que as contas sitúan a Cervo como o municipio de Galicia con máis servizos públicos (saneamento, recollida de lixo, abastecemento de auga, escola infantil, piscina municipal, entre outros). “Nas contas tamén hai un incremento sensible nas partidas de servizos sociais (polo reforzo do servizo de axuda no fogar)”, sinalou.

“Afortunadamente, quedou superada tamén a crise sanitaria, o que nos permite volver a unha certa normalidade, e recuperar a actividade social, cultural e de lecer. Para o que se reserva tamén unha partida importante dentro do orzamento no capítulo de gastos corrente que ascende desde os 2.245.493 ata algo máis de 2 millóns e medio de euros”, engadiu.

Ademais, haberá axudas directas ás diferentes asociacións e clubs deportivos e cuxa actividade tamén se viu tremendamente comprometida pola pandemia. Así mesmo tamén se apoiará á comunidade educativa con axudas para o transporte, para os centros educativos, as ANPAS, e as familias.

No orzamento para este ano, tamén seguen a ter especial relevancia as políticas de fomento de emprego, cuxo exemplo máis significativo son as bolsas de formación remuneradas para a mocidade, para as que se destinan 140.000 euros do orzamento municipal. O capítulo de investimentos supón un 19,88% do total dos créditos orzamentarios do Estado de Gastos. “E é que este equipo de goberno ten plantexadas e en marcha unha serie de obras e actuacións de gran calado, moi importantes para este Concello que se materializarán nos vindeiros meses”, dixo o edil.

FEÍSMO URBANÍSTICO

Un exemplo poden ser os pasos que se foron dando todos estes anos para tentar acabar co feísmo e recuperar espazos como o da Atalaia. Logo dun proceso administrativo e burocrático moi longo e prolongado no tempo, de anos, finalmente as xestión e o traballo están a dar o seu froito.

“Outros proxectos contemplados de gran calado son o paseo peonil de Sargadelos ou a renovación das pistas de atletismo da Veiga, entre outras moitas actuacións, sen esquecernos do saneamento e do abastecemento de auga, porque queremos mellorar as infraestruturas e a calidade de vida da nosa veciñanza, tanto das zonas rurais como urbanas, desde o noso equipo de goberno traballamos decididamente para que as inversións cheguen a cada recuncho do noso municipio”, finalizou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...