InicioPolíticaO BNG pedirá que Estado e Xunta defendan os intereses e supervivencia...

O BNG pedirá que Estado e Xunta defendan os intereses e supervivencia da frota da Mariña

Será a través dunha moción no Pleno da Deputación e que incide sobre as nefastas consecuencias para a frota galega e mariñá dunha medida “desproporcionada, pouco fundamentada e que se aplica de xeito indiscriminado a todas as artes e frotas”.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG pedirá no vindeiro pleno provincial que os gobernos do Estado e da Xunta inicien de inmediato os procedementos contra a decisión da Comisión Europea de prohibir as actividades pesqueiras que impliquen contacto co fondo do mar en 87 zonas de pesca entre o Golfo de Cádiz e a zona norte de Gran Sol.

Será a través dunha moción que incide nas nefastas consecuencias para a frota galega e mariñá dunha medida “desproporcionada, pouco fundamentada e que se aplica de xeito indiscriminado a todas as artes e frotas”, e que lembra que “o sector xa está sometido a unha estrita regulación e control e que xa non ten permitido pescar en zonas de ecosistemas vulnerables”.

A deputada nacionalista e responsable de Medio Rural e do Mar no goberno provincial, Mónica Freire, sinalou que “as administracións locais debemos ser activas na defensa do sector e procurar unha actuación rápida e eficaz dos gobernos do Estado e da Xunta contra esta decisión da Comisión Europea”. Freire afirmou que “os acordos que se voten e adopten pola corporación provincial deberían ser refrendados e defendidos polos partidos políticos tamén alí onde teñen as competencias para executalos”.

“A aplicación destas medidas afectaría a moitos barcos de Celeiro e Burela que se dedican ao pincho, ao arrastre e á volanta. Se a pesca é un puntal da economía galega e do emprego, na provincia de Lugo e na Mariña aínda o é moito máis pola actividade que xeran os portos de Celeiro e Burela, e máxime no actual contexto de crise industrial e de emprego que atravesa esta comarca”, apuntou en Burela, onde mantivo un encontro co responsable comarcal do BNG na Mariña, Antonio Veiga, e concelleiros e concelleiras do BNG en diferentes municipios da comarca. O BNG presentará tamén a moción en defensa do sector pequeiro nos concellos mariñaos do litoral.

ÚLTIMAS

O Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro acode ao Parlamento de Galicia

O Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro vén de participar nos actos...

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...