InicioPolíticaO PSdeG acusa á Xunta de non ter un plan de industrialización...

O PSdeG acusa á Xunta de non ter un plan de industrialización para a Mariña

A Xunta contesta que o problema é do Goberno central.

Publicada o

- Advertisement -

O grupo socialista criticou durante o pleno do Parlamento a falta dun proxecto de reindustrialización para a zona da Mariña de Lugo a pesar de que o vicepresidente económico Francisco Conde, insistiu en que o futuro pasa pola reactivación de Alcoa.

Conde contestaba así á pregunta formulada polo PSdeG, que lle lembrou que as competencias de industria “si son autonómicas”. “Alcoa está parada porque a parou o Goberno central”, aseverou o conselleiro de Economía, que volveu a solicitar ao Executivo estatal un prezo eléctrico competitivo para a industria electrointensiva.

“Por que non achega o 100% da axuda máxima para conmpensar os custos de co2?, Por que non aplica as mesmas medidas correctoras que outros paises?, Por que se desmarca de todos os acordos deste Parlamento?”, preguntoulle Conde á bancada socialista respecto das políticas da Administración central.

Ante isto, os socialistas reclamaron á Xunta a tramitación “dos parques eólicos necesarios para dar o prezo competitivo a Alcoa”.

CADUCIDADE PERMISOS DE ACCESO E CONEXIÓN Á REDE

Nesta liña, o grupo do PSdeG tamén solicitou saber que medidas tomará a Xunta ante a caducidade, en xaneiro de 2023, dos puntos de conexión á rede eléctrica para un centenar de proxectos de construción de novos parques eólicos. Sobre isto advertían de que se poderían perder miles de millóns de euros, así como postos de traballo, “se a Xunta non axiliza ao máximo os expedientes de tramitación pendentes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...