O BNG de Foz sinala nun comunicado que apoia a proposta no pleno de Iniciativa Lexislativa Popular, impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, na defensa da Atención Primaria.
Os nacionalistas colaboraron coa Plataforma na recollida de sinaturas para apoiar esta proposta. Por iso tamén apoia a proposta que a Plataforma Sanitaria da Mariña presentará no vindeiro pleno do Concello. Trátase da Iniciativa Lexislativa Popular, impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública para poñer en marcha unha serie de medidas para dinamizar e reforzar os mecanismos sanitarios de atención primaria.
Entre outros puntos, a ILP establece como norma xeral a atención persoal ao paciente para as consultas médicas, correspondéndolle telematicamente a decisión de ser atendida.
Proposta dunha serie de medidas para fixar unha dispoñibilidade mínima de centros e persoal para salvagardar a debida calidade da atención primaria dos pacientes.
Tamén se pide recuperar as Xerencias de Atención Primaria, eliminadas polo Goberno do PP, para someter os Centros de Saúde ás direccións e xefes de servizo dos hospitais.
Para o BNG todas estas medidas son de carácter urxente dada a gravidade da situación que atravesa a Atención Primaria en Galicia, en risco real de desmantelamento e privatización, e deberían ir acompañadas dunha modificación do orzamento da Atención Primaria que debería alcanzar o 25% do o total, da recuperación de recursos humanos recortado nos últimos anos, garantindo a accesibilidade aos centros, desmasificando as consultas, reabrindo centros de saúde pechados e acabando con listas de espera incompatibles cunha Atención Primaria racional e de calidade.