InicioOrientalRibadeoO PP de Ribadeo sinala que os residentes do hospital asilo serán...

O PP de Ribadeo sinala que os residentes do hospital asilo serán reubicados na vila ou dentro da Mariña

O PP reclama a creación dunha comisión de traballo que reúna a todos os axentes implicados para traballar conxuntamente como corporación.

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro do PP de Ribadeo, Dani Vega, destaca que “a Xunta de Galicia vai cumprir cun orzamento importante para garantir a reforma integral do hospital asilo de Ribadeo”. Vega engadiu ademais que “xa era hora, nótase o nerviosismo no BNG, levan tres anos para facer este proxecto”.

O Grupo Municipal popular sinala que leva tempo reclamando que o goberno municipal ribadense pida as axudas que ten a Xunta de Galicia en materia de construción “e que a propia Fegamp -presidida por un alcalde do PSOE- informou da existencia desta subvención”.

O PP de Ribadeo di non entender “a actitude do BNG de pedir en cartas solucións para esta cuestión”. Tamén sinalan que “en maio foi enviada unha carta ao goberno do BNG para informar das axudas e non contestaron. Nós non queremos entrar nesta guerra de cartas”. Daniel Vega engade que “nós actuamos por vocación, non por obligación. O BNG non nos dicta o que temos que facer, iso xa o sabemos nós e por iso preferimos traballar en silencio e con lealdade a Ribadeo ante unha falta de xestión clara.”

“Temos unha herdanza que debemos agradecer ao filántropo Doutor Moreda. Son case 730.000 euros que deixou para a reforma do asilo e o cal o BNG non quería explicar”. Isto fai que sexa entre a Xunta de Galicia e o Doutor Moreda quen “garanten a reforma do hospital asilo e esperamos que o Concello aporte tamén algo, porque a reformar deféndese con feitos non con simples palabras”. O PP reclama a creación dunha comisión de traballo que reúna a todos os axentes implicados para traballar conxuntamente como corporación.

REUBICACIÓN TEMPORAL DOS RESIDENTES DO ASILO

O voceiro do Grupo Municipal explica que o seguinte paso “é facer unha reunión”. A Xunta de Galicia convocará nos vindeiros días á corporación municipal para así comezar a traballar conxuntamente. “Esperemos que se constitúa esa comisión, xa que é importante un diálago entre as dúas administracións e non unha confrontación permanente”.

Daniel Vega explica que o máis importante é “explicar e tranquilizar ás familias de que a reubicación temporal dos seus familiares será en Ribadeo ou dentro da propia comarca de A Mariña, que non teñan medo. Nós vamos traballar con responsabilidade, pensando nas persoas e cumprindo cos veciños”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...