InicioPolíticaO PP presenta a Daniel Vega como candidato para a alcaldía de...

O PP presenta a Daniel Vega como candidato para a alcaldía de Ribadeo

Os populares oficializaron o relevo de López Penabad polo deputado no Parlamento de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O PP anunciou este luns nunha rolda de prensa que Daniel Vega será o candidato do partido conservador á alcaldía de Ribadeo nas eleccións municipais de 2019.

Vega substituirá así como candidato a Jesús López Penabad, o presidente do PP local e voceiro do grupo municipal popular, que concorrera aos comicios de 2015.

O candidato dos populares subliñou que ofrecerá “un compromiso total co municipio” e fixo fincapé durante a súa presentación en que “Ribadeo precisa un impulso económico a través da dinamización da industria e do comercio que sexa capaz de xerar postos de traballo e así asentar poboación”.

Outra das súas preocupacións, asegurou Vega, é o rural do municipio, “ata agora abandonado, sen saneamento nin un servizo de recollida de lixo e limpeza axeitados”.

Natural da parroquia ribadense de Arante, Vega leva vencellado ao PP desde o 2003. Foi presidente de Novas Xeracións a nivel provincial do 2010 ao 2015. Como técnico agrícola, está vencellado ao sector agrogandeiro

O novo candidato do PP ribadense é deputado no Parlamento galego desde as últimas eleccións autonómicas. Porén, por agora non é concelleiro no seu municipio natal.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, a presidenta provincial, Elena Candia, López Penabad e o ex alcalde popular do municipio, José Carlos Rodríguez Andina, acompañaron a Vega na súa presentación.

RELEVO POLÉMICO

O relevo de López Penabad por Vega resultou polémico no PP ribadense. Un dos edís dos populares, Juan Monteavaro, decidiu pospoñer a súa demisión, que a priori serviría para que o novo candidato dos populares entrase na corporación municipal.

O concelleiro asegurou que quería seguir ata que se aprobasen os orzamentos e se abrise o asilo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...