O BNG presenta en Burela as súas alternativas á crise de prezos de cara á manifestación en Santiago para o 18 de decembro

No acto interviron o portavoz municipal do BNG en Burela Mario Pillado, Ana Ermida, membro da executiva comarcal e alcaldesa de Barreiros e Néstor Rego, deputado no Congreso.


O BNG presentou  este pasado venres en Burela nun acto informativo na Praza de Abastos as alternativas e medidas fronte á crise de prezos que dana gravemente á sociedade galega e ás economías familiares, e moi especialmente á comarca da Mariña que leva sufrindo nos últimos anos un proceso de desmantelamento industrial sen que os gobernos da Xunta e do Estado adoptaran medidas para frealo.

No acto interviron o portavoz municipal do BNG en Burela Mario Pillado, Ana Ermida, membro da executiva comarcal e alcaldesa de Barreiros e Néstor Rego, deputado no Congreso.

Rego manifestou que “desde o BNG estamos a promover alternativas serias, solventes e viables para todos os principais ámbitos en que se está a manifestar a actual crise en temas coma a vivenda, a enerxía, as hipotecas bancarias, o prezo dos alimentos e todo iso acentuado na comarca da Mariña donde a situación a nivel de emprego e industria é crítica agravada ainda mais cos problemas na pesca”. Que pague máis quen máis tén, tarifa eléctrica galega, control dos prezos dos combustibles e dos alimentos básicos

Néstor Rego explicou estas alternativas que se concretan no seguinte: incrementar a presión fiscal sobre as grandes empresas e patrimonios para que pague mais quen máis tén, rescatar ás persoas incrementando as contías das principais prestacións sociais, limitación do prezo dos alugueres e das hipotecas en vivenda habitual e locais comerciais, control dos prezos dos carburantes e dos alimentos básicos, intervención pública no mercado eléctrico para controlar os prezos, creación dunha tarifa eléctrica galega, entre outras medidas.

Desde o BNG animan tamén a participar na manifestación nacional do domingo 18 de decembro en Santiago contra a crise de prezos, con saída desde a Alameda ás 12:00. e para a que ponen autobuses de balde a disposición da cidadanía para asistir desde A Mariña anotándose no tfno. 982 140 654 ou no correo amarinha@bng.gal

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here