InicioCentralMondoñedoMondoñedo celebra este venres o concerto de Nadal da Escola Municipal de...

Mondoñedo celebra este venres o concerto de Nadal da Escola Municipal de Música no Auditorio Pascual Veiga

Contarase tamén coa participación de alumnado que ao longo destes anos pasou pola escola. A entrada será de balde.

Publicada o

- Advertisement -

O tradicional Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música O Pallarego celebrarase este venres 23 de decembro ás 20:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo. Nesta ocasión, será un concerto moi especial xa que con el péchanse os actos conmemorativos do 25 aniversario que a escola está a celebrar ao longo deste ano 2022.

Agardase que asistan personalidades de diferentes institucións e anteriores rexidores municipais. Contarase tamén coa participación de alumnado que ao longo destes anos pasou pola escola. A entrada será de balde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...