InicioCentralLourenzáPapá Noel visitou Lourenzá dentro do seu percorrido por todos os concellos...

Papá Noel visitou Lourenzá dentro do seu percorrido por todos os concellos da Mariña

Previamente visitou o Centro de Día e despois percorreu as rúas de Vilanova subido a unha Vespa con sidecar.

Publicada o

- Advertisement -

Na tarde de hoxe, venres, nenos e nenas de Lourenzá foron recibidos por Papá Noel nos baixos da Casa do Concello. Previamente visitou o Centro de Día e despois percorreu as rúas de Vilanova subido a unha Vespa con sidecar.

Durante esta recepción foron entregados os premios do concurso de postais convocados polo Concello. O gañador foi Esteban Edrosa López, de 5° de Primaria. Levaron accésits Icía Fraga Vidarte, Nour-Han Boufeljat e Aroa Díaz Ventoso.

Ao acto asistiron a alcaldesa, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e a edil de Benestar Social, Mercedes Dengra Sixto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...