Xove presenta o novo tractor para o Servizo Municipal de Obras


O Concello de Xove presetou este mércores o novo tractor CLAAS ARION 630 que o Concello lle adquiriu á Empresa Agricola Curtis S.L. para o Servizo Municipal de Obras. O Concello contaba para o servizo de desbrozamento e limpeza viaria cun antigo John Deere de máis de 20 anos que últimamente se averiaba regularmente, de aí a necesidade de cambialo por un novo, co fin de que este importante servizo non se resentise.

O investimento realizado nesta adquisición foi de 167.706 €uros, aportados intergramente polo noso Concello.

Na presentación contouse coa concelleira Dolores Meitín, persoal da Empresa Agrícola Curtis e persdonal municipal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here