InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro sinala que a recollida de voluminosos no Concello...

O BNG de Viveiro sinala que a recollida de voluminosos no Concello non funciona de maneira axeitada

A representante do Bloque en Viveiro solicitará á alcaldía información para ver como restaurar este servizo público para o seu funcionamento normal e axeitado.

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz local do BNG en Viveiro, Miriam Bermúdez, sinala que a recollida de voluminosos é un servizo imprescindible. Con todo, apunta que en Viveiro “pegou un gran baixón nos últimos meses chegando ao punto de ter que agardar mes e medio como mínimo por unha recollida, mesmo con límites absurdos de 4 bultos”.

Segundo Bermúdez, o servizo para os voluminosos lévao agora unha nova empresa externa de limpeza despois de que lle rematase o contrato á anterior adxudicataria. Un servizo privatizado que debe ser supervisado en todo momento polo Goberno Municipal para que se dea cumprimento de todos os puntos do contrato asinado.

A representante do Bloque en Viveiro solicitará á alcaldía información para ver como restaurar este servizo público para o seu funcionamento normal e axeitado.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...