InicioOccidentalCervoCervo entrega as axudas para o transportes ao alumnado que realiza estudos...

Cervo entrega as axudas para o transportes ao alumnado que realiza estudos fóra do concello

Tamén se repartiron as axudas para libros e material escolar que varían entre os 100 e 130 euros por alumno alumna, tamén en función da renda familiar.

Publicada o

- Advertisement -

 

O rexedor Alfonso Villares e a edil de Educación, Dolores García Caramés, entregaron no día de onte as axudas en beneficio das familias e da educación.

Con respecto á axuda ao transporte do alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal, nesta ocasión foron 31 os estudantes que recibiron un cheque valorado en 150 ou 250 euros, en función da renda familiar.

A axuda está destinada aos alumnos que cursen calquera das seguintes titulacións fóra do municipio: ensinanzas universitarias, Bacharelato (nalgunha das modalidades que non se imparten no Concello de Cervo), ciclos medios e superiores, como son FP, e os estudos musicais en conservatorios e escolas de música.

No día de hoxe tamén se fixo entrega da axuda destinada ao alumnado de educación infantil –matriculados e matriculadas no segundo ciclo- para a adquisición de libros e material escolar. Nesta ocasión foron as familias dos estudantes recibiron un cheque valorado entre 100 e 130 euros, tendo tamén en conta a renda familiar.

O obxecto de ambas axudas é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e apoiar económicamente a aquelas familias con maior dificultade para afrontar os gastos de desprazamento dos/as estudantes fora do termo municipal a través dunha subvención financiada ao 100% con fondos municipais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...