InicioOccidentalXoveXove aproba os orzamentos locais de bolsas e axudas ao estudo para...

Xove aproba os orzamentos locais de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2022/2023

O pasado 27 de decembro as concelleiras de Xuventude, Ana Abad e Cristina Iglesias, fixeron entrega duns agasallos ao equipo de voluntariado que participou durante os meses de xullo e agosto no programa “Mañás Activas” da Xunta de Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

O pasado día 23 de decembro tivo lugar a Xunta de Goberno Local na que se aprobaban as bolsas e axudas ao estudo para o curso 2022/2023, concedidas e financiadas integramente polo Concello de Xove.

O número total de axudas concedidas foi de 74, ascendendo o gasto total a 26.737,90.-€.

Como todos os anos, as bolsas se diferencian en varias modalidades:

-Modalidade de estudos universitarios, na que se concederon un total de 12.172,10.-€.

-Modalidade de ciclos formativos que non existan na comarca, concedido un total de 4.105,80.-€.

-Modalidade para alumnos/as con discapacidade, cuxa contía ascendeu a 4.500,00.-€.

-Modalidade para compra de material (infantil, primaria, eso, bach e ciclos), cun total de 5.460,00.-€.

-Axuda concedida para a modalidade de máster, que ascendeu a 500,00.-€.

MAÑÁS ACTIVAS

O pasado 27 de decembro as concelleiras de Xuventude, Ana Abad e Cristina Iglesias, fixeron entrega duns agasallos ao equipo de voluntariado que participou durante os meses de xullo e agosto no programa “Mañás Activas” da Xunta de Galicia. Con este acto, dende o Concello, queren celebrar este día e expresar o recoñecemento e admiración que “nos merecen todas as persoas voluntarias que participan cada ano con nós, e a todos os voluntarios en xeral”.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...