InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro anuncia a convocatoria de axudas ao aluguer do...

O Concello de Viveiro anuncia a convocatoria de axudas ao aluguer do plan estatal para acceso á vivenda

A finalidade destas subvencións é facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugueiro a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.

Publicada o

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 14 de decembro a resolución do 29 de novembro pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023.

A finalidade destas subvencións é facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugueiro a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.

As axudas serán do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. Para poder optar a esta axudas hai que cumprir certos requisitos, como ter uns ingresos inferiores o 3 IPREM e non inferiores a o 0,5 IPREM (nos casos de familias numerosas e unidades familiares con persoas con certas discapacidades, os ingresos poden chegar a 4 ou 5 veces o IPREM); non ter vivienda en propiedade, non ter débedas coas administracións.

O prazo de solicitude empeza o 2 de xaneiro e remata o día 5 de maio de 2022. Para máis información e/ou tramitar a solicitude da axuda, os veciños e veciñas poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982 562968.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...