InicioOrientalRibadeoRibadeo investirá cen mil euros no acondicionamento da Rúa Casa do Pobo

Ribadeo investirá cen mil euros no acondicionamento da Rúa Casa do Pobo

A edil de Obras, Mónica Freire, dixo que “desde o Concello de Ribadeo continuamos traballando para levar a cabo unha serie de melloras no ámbito urbano".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello acondicionará a rúa Casa do Pobo. O investimento ascende a case 100.000 euros. Este mediodía o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Economía, Obras, Medio Rural e Medio Ambiente, Pablo Vizoso, Mónica Freire, Marcos Villamil e Jorge Díaz, mantiveron un encontro coas veciñas e coas veciños desa zona aos que lles explicaron polo miúdo en qué consistirán as obras.

A edil de Obras, Mónica Freire, dixo que “desde o Concello de Ribadeo continuamos traballando para levar a cabo unha serie de melloras no ámbito urbano. Neste caso, trátase dunha parte da vila, a rúa Casa do Pobo, que se atopaba moi deteriorada, actualmente acabada con rego asfáltico, e esta era unha das causas de que aparezan as numerosas fochancas que alí existen. Trátase tamén dunha rúa moi estreita, o que provoca que tanto os vehículos como as persoas compartan a maior parte do espazo, supoñendo isto un perigo”.

A concelleira ribadense lembrou que “levamos xa uns meses traballando, dialogando coa veciñanza desta rúa, para poder conseguir facer un proxecto adaptado ás condicións do noso Plan Xeral, no que este viario conta cun ancho de 10 metros. Afortunadamente, este diálogo deu os seus froitos e os veciños cederon o espazo necesario para poder acometer estas obras dun xeito que poidan contar cunha rúa con tódolos servizos e condicións de accesibilidade”.

Freire Rancaño explicou que “o proxecto que redactamos e que suporá un investimento duns 100.000 euros, contempla a execución duns muros de contención para poder chegar a ese ancho de 10 metros”.

A concelleira de Obras seguiu a relatar que “substituiremos toda a canalización existente de saneamento, por unha nova en pvc, que discorrerá polo centro da calzada.Tamén melloraremos a instalación de abastecemento de auga. En relación ao alumeado, vaise substituír toda a canalización e disporanse novas arquetas así como luminarias tipo LED. Soterraremos tamén a instalación de enerxía eléctrica e de telefonía ao longo de toda a rúa. E por último, disporase unha nova sinaléctica tanto horizontal como vertical”.

No día de hoxe foi publicada na Plataforma de Contratos do Sector Público a licitación destas obras, que ascenden a 96.050,27 euros e que contan cun prazo de execución de 4 meses. “Así que agora, as empresas cualificadas para executalas teñen acceso a toda a documentación nesta web ou na do propio Concello de Ribadeo. E contan cun prazo de presentación de ofertas de 20 días naturais”, engadiu Mónica Freire.

Na xuntanza coa veciñanza o alcalde, Fernando Suárez, agradeceulles a cesión do espazo para poder acometer as obras, destacou o traballo realizado polos concelleiros de Economía e Obras, Pablo Vizoso e Mónica Freire, e tamén o apoio económica da Deputación de Lugo, institución coa que foi asinado un convenio hai unhas semanas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...