- Advertisement -
O Apalpador visitará a carpa do RibaXogo mañá, 31 de decembro, entre as 12 e as 14 horas para que todas as nenas e os nenos de Ribadeo se poidan achegar a facer fotos e a conversar con el.
Concello de Ribadeo e Acisa coorganizaron neste 2022 o RibaXogo, o centro de ocio instalado no parque de San Francisco, escenario polo que xa pasou Papá Noel na mañá de Noiteboa. O RibaXogo seguirá ata o 8 de xaneiro, aínda que estará pechado os días 1 e 6.