InicioCulturaDebut do saxofinista tenor José Pillado e de Daniel Antolín coa engra...

Debut do saxofinista tenor José Pillado e de Daniel Antolín coa engra no concerto da Banda de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O auditorio municipal Hernán Naval encheuse de público onte, xoves, para asistir ao concerto Aquí como en Viena da Banda Municipal de Música de Ribadeo, na que debutou o saxo tenor José Pillado mentres que o percusionista Daniel Antolín actuou como solista tocando o engra.

O concerto estivo dividido en dúas partes e na primeira a Banda ribadense tocou a Suite Comercial Navideña, que inclúe fragmentos de anuncios típicos do Nadal, e outras pezas propias destas datas como All I want for Christmas is you, de Mariah Carey, e Feliz Navidad, de José Feliciano. Interpretaron tamén La huelga de los músicos, tema no que os compoñentes da Banda empezaron a saír do escenario mentres ían tocando ata que ao final o director quedou só e os músicos foron para o patio de butacas a protestar con carteis e gritos; a broma seguiu cunha reunión para solucionar a situación e poder continuar co concerto. Ademais nesta primeira parte intepretaron I will survive.

Na segunda parte do concerto a Banda ribadense ofreceu Feuerfest, con Daniel Antolín Valea de solista tocando o yunque. Interpretaron tamén polcas e valses, maioritariamente de Strauss excepto The second waltz, que é de Shostakovich, e os bises foron Danubio Azul e Radetzky.

De parte da asociación Amadores da Música e dos compoñentes da Banda Municipal de Música de Ribadeo o director, David Ballester, desexou un feliz ano novo ao público.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...