InicioCentralFozO BNG de Foz denuncia a falta de cobertura e improvisación na...

O BNG de Foz denuncia a falta de cobertura e improvisación na atención de Sanidade ao centro de saúde local

Desde o BNG de Foz reclaman que os servizos sanitarios públicos deben ser completos e diarios e con dotación completa de persoal.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Foz denuncia que o pasado 24 de decembro a Consellería de Sanidade deixou sen cobertura médica aos veciños da localidade.

O BNG de Foz sinala que diante das protestas e denuncias efectuadas ante o SERGAS, este organismo “amósase nervioso e improvisa”. Por outra parte, os nacionalistas avisaran da posibilidade de que este sábado 31 de decembro tamén houbese ausencia de facultativos no centro de saúde, punto que confirman desde a organización.

Por outra parte, acusan ao PP de tapar “a súa impericia e neglixencia” coa “invención dunha quenda de media xornada, sen anuncio  público e sen coñecer o horario desta prestación”.

Desde o BNG de Foz reclaman que os servizos sanitarios públicos deben ser completos e diarios e con dotación completa de persoal.

 

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...