IniciosociedadeAlerta laranxa en toda a Mariña por vento con refachos de 100...

Alerta laranxa en toda a Mariña por vento con refachos de 100 km/h

En canto á choiva, espérase un aumento da intensidade a partir do mediodía do día 31.

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar a alerta laranxa por vento na Mariña de Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará co inicio da xornada de mañá. Agárdase vento con refachos que poderán alcanzar os 100 km/h. Nas provincias da Coruña e de Pontevedra, e na zona de Lugo Centro, agárdase nivel amarelo con refachos que poderán alcanzar os 90 Km/h.

En canto á choiva, espérase un aumento da intensidade a partir do mediodía do día 31, acadando nivel amarelo nas provincias da Coruña e Pontevedra, con precipitacións acumuladas de ata 50 mm en 12 horas, e picos de 15 mm nunha hora.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Ante as fortes chuvias e o vento, recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, evitar pasar preto de árbores, paneis publicitarios, andamios e obxectos que poidan ser derrubados polo vento, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse, non aparcar nas ribeiras dos ríos, non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade e retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados, balcóns e ventás.

Acónsellase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...