InicioEconomíaSó oito parques eólicos recibiron unha DIA favorable dun total de 30...

Só oito parques eólicos recibiron unha DIA favorable dun total de 30 para “alimentar” a planta de Alcoa

Nove parques eólicos recibiron unha Declaración de Impacto Ambiental negativa.

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, informou de que o goberno galego está traballando na tramitación de 20 parques eólicos vinculados a Alcoa, aos que se sumarán outros 10 en datas posteriores. En total, está previsto un aporte de enerxía de 458 megawatts, dos cales oito obtiveron unha DIA favorable que suman 207 megawatts, mentres que nove parques contan con declaración negativa, que fan un total de 156 megawatts.

“Iso quere dicir que, por diferentes motivos, nuns casos porque teñen DIA negativas e noutros casos porque non se puido emitir a declaración de impacto ambiental, hai 251 megawatts que non cumpren o fito establecido hoxe“, asegura Conde.

Ademais, explica que hai seis parques para Alcoa de cuxa tramitación se encarga o Goberno, que suman 611 megawatts, que cumpren fito tamén agora, pero están “a esperar que comunique o Ministerio” que ocorre con eles.

Así, defende establecer un marco competitivo para esta compañía, xa que “a día de hoxe hai electrointensivas distintas a Alcoa que teñen parada a produción por careceren dun prezo competitivo”, con “deslocalización” da produción a Francia pois o prezo é “cinco veces máis barato que en España”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...