InicioOrientalTrabadaTrabada finaliza a rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela

Trabada finaliza a rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela

“Grazas ao esforzo do goberno, permitiu a reforma dunha vivenda municipal ubicada no rural, mellorando os servizos do núcleo de Trabadela”, afirma a alcaldesa, Mayra García Bermúdez

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada informa do remate das obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal.

O orzamento dos traballos de reforma superou os 40.000 euros e para esta actuación o concello obtivo unha subvención de 25.937,48 euros do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), con fondos da Plan Estatal de Vivenda que o goberno central transfire ás comunidades autónomas.

“Grazas ao esforzo do goberno local obtivemos esta subvención, que permitiu a reforma dunha vivenda municipal ubicada no rural, mellorando desta forma os servizos do núcleo de Trabadela”, afirma a alcaldesa, Mayra García Bermúdez

O proxecto consistiu na remodelación da vivenda para dotala de mellores condicións de habitabilidade, mediante o redimensionado da zona de día composta por salón-comedor-cociña e do baño, mentres que se mantiveron os tres dormitorios existentes.

Grazas as reformas previstas, melloráronse as dimensións dos distintos espazos, dotándoos de maior funcionalidade e mellores condicións de accesibilidade. Tamén se reforzaron as condicións de habitabilidade da vivenda mediante a mellora do illamento das fachadas e a instalación dun sistema de calefacción.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...