InicioOrientalRibadeoEste luns comezou en Ribadeo unha nova edición do programa de formación...

Este luns comezou en Ribadeo unha nova edición do programa de formación en competencias básicas dixitais

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “durante as próximas 6 semanas, 30 mulleres en desemprego ou en situación de demanda de mellora de emprego participarán no programa gratuíto de dixitalización de mulleres do rural galego, que será impartido nas aulas do Concello”.

Publicada o

- Advertisement -

Hoxe deu comezo no Concello de Ribadeo unha nova edición do programa formativo en Competencias Informáticas Galegas Dixitais.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “durante as próximas 6 semanas, 30 mulleres en desemprego ou en situación de demanda de mellora de emprego participarán no programa gratuíto de dixitalización de mulleres do rural galego, que será impartido nas aulas do Concello”.

O edil ribadense subliñou que “con esta formación, organizada a través da Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo e financiada pola Unión Europea, búscase mellorar as capacidades dixitais das mulleres residentes en zonas rurais, para incrementar o seu nivel de empregabilidade, de emprendemento e tamén de reducir a fenda de xénero existente neste sector da poboación tanto no acceso como no emprego das novas tecnoloxías”.

Vizoso Galdo indicou que “a formación impartirase a través de 3 módulos formativos, de 40 horas cada un, comezando nas dúas primeiras semanas co módulo de Competencias Dixitais Básicas, ao que seguirán o de Competencias Dixitais Avanzadas e rematará cun módulo específico de Competencias para o Emprendemento”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local adiantou que “debido á alta demanda desta iniciativa e ao número de persoas interesadas que quedaron en listaxe de espera, estámonos a plantexar a posibilidade de iniciar un segundo grupo de formación en horario de tarde”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...