InicioCentralBurelaA Concellaría de Inmigración organiza cursos para aprendizaxe dos idiomas cooficiais en...

A Concellaría de Inmigración organiza cursos para aprendizaxe dos idiomas cooficiais en Galicia

A concelleira de Noelia Mª Ben, explica que “con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento das persoas estranxeiras".

Publicada o

- Advertisement -

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de adultos e adultas para a aprendizaxe dos idiomas da nosa comunidade. Esta acción, que está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, comezará o 1 de marzo.

Noelia Mª Ben, a concelleira de Inmigración, explica que “con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.

As persoas que precisen máis información poden solicitala na Casa do Concello ou chamando ao 982 58 60 00 ou 982 58 06 09.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...