InicioSucesosUnha forte granizada provoca unha saída de vía en Viveiro, que se...

Unha forte granizada provoca unha saída de vía en Viveiro, que se salda sen feridos

A pesar de que todos estaban ben, nun primeiro momento eran incapaces de saír do coche.

Publicada o

- Advertisement -

Unha saída de vía ocorrida na mañá deste xoves en Viveiro, provocada por unha forte granizada, saldouse sen feridos, segundo informou o 112 Galicia, que explicou que os ocupantes do vehículo atopábanse no exterior do mesmo cando chegaron os servizos de emerxencias.

Foi pouco despois das 08,10 horas cando un particular implicado no accidente alertou de que se saíu da vía e chocara contra o muro, no quilómetro 5 da LU-540, en Landrove, Viveiro. A pesar de que todos estaban ben, nun primeiro momento eran incapaces de saír do coche.

Por iso, deuse aviso aos bombeiros, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil, ademais da o servizo de mantemento das estradas. Unha vez no lugar, os ocupantes xa conseguiran saír polo seu propio pé.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...